• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Baixa intensidade

As guerras de baixa intensidade (GBI) involucran loitas prolongadas de principios e ideoloxías, que se desenvolven a través dunha combinación de medios políticos, económicos, de información e militares. Poderiamos pensar que sempre estamos en guerra, o que sería tan natural como pensar que sempre estamos desenvolvendo accións culturais. O concepto de baixa intensidade utilízase tamén para falar de exercicios corporais que axudan a incrementar a resistencia física e o fondo. Trátase de movementos periódicos e de ritmo lento, que se confunden en ocasións cos movementos cotiás. Conseguen unha efectividade visible só a moi largo prazo e rexeitan o impacto do explosivo. A constancia, a capacidade de adaptación e a camuflaxe no discurso da normalidade, así como a multiplicidade de linguaxes e obxetivos fan da cultura de baixa intensidade unha das modalidades de creación máis violentas.

Cultura de baixa intensidade é un proxecto de investigación en artes visuais que naceu da lectura de mesmo título que fixemos para o II Simposio Internacional Poéticas de Resistencia (Santiago de Compostela, 2008), organizado polo Grupo de Investigación Teoría da Literatura e Literatura Comparada da USC e a Rede Internacional Poetics of Resistance. Neste foro fomos convidados a falar da eficacia da resistencia política a través das artes, e máis polo miúdo, a facer unha achega das nosas experiencias como proxectos imbuídos en procesos  de neutralización da resistencia.

Neutralización e cultura de baixa intensidade son dous nocións que teñen moita relación. Aínda que  a segunda non constitúe, nin moito menos, unha metodoloxía de avaliación da eficacia das prácticas artísticas contrahexemónicas, si quere ser un apunte que axude a despexar que posibilidades temos os traballadores en cultura de resistir o envite dos mecanismos de neutralización, terxiversación ou incluso travestismo. Así  ben, dentro de este estado de excepción que supón o enfrentamento directo, a loita evidente y decidida, bélica e heroica á vez (de orde romántica no sentido de construción de individualidades, reliquias do sufrimento e do martirio como as atopamos en moitas prácticas artísticas contestatarias), o neutral tende a interpretarse como un estado de castración da resistencia, a anulación por principio de todo discurso contrahexemónico. Pola contra, o que aquí propoñemos é unha lectura inversa: entender o neutral (a loita de baixa intensidade na súa encarnación final) como un estado crítico permanente, un exilio voluntario cara as terras de ninguén que median entre poderes e contrapoderes. Cultura de baixa intensidade fai referencia a determinados modos de producción cultural (resistentes y críticos, por definición) que traballan como un árbitro, coñecendo aos equipos enfrentados, observando os seus movementos desde a barreira: modos de resistencia que loitan contra a tendencia inevitable de ceder ante as inercias identitarias que se producen na loita, ben a un lado, ben ao outro. O seu obxectivo é manterse lonxe das identificacións, e para ese cometido, que mellor que conseguir pasar desapercibido.

Mateo Maté. Paisaje uniformado 4 (Carlos de Haes: Cercanías de Vriesland en los Paises Bajos, 1878-84), 2007.

Acción de baixa intensidade I

Acción de baixa intensidade I é unha intervención realizada a cabalo entre Santiago de Compostela e A Coruña en outubro de 2009 para a exposición Outonarte 09: Irmos de escaparates. Dita mostra colectiva foi a segunda edición dunha proposta anual da Concellaría de Cultura de A Coruña.