• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Proxecto procesos1

Consideramos que o CGAC é un espazo de educación e de investigación, precisamente por eses dous puntos  parecíanos moi lóxica a vinculación coa Universidade. A calidade do resultado visual e plástico está na liña de  creadores internacionais acreditados e supera con creces as expectativas da formación meramente académica. Así comezaba Miguel Fernández-Cid -director do Centro Galego de Arte Contemporánea- a presentación en rolda de prensa de Proxecto procesos1: unha proposta expositiva que quedou aberta ao público durante máis de dúas semanas e que pretende ser unha invitación a descubrir algúns dos aspectos que rexen a imaxe contemporánea.

Neste caso, o obxectivo foi trasladar o carácter heteroxéneo das diversas percepcións de Compostela a un contexto expositivo. Sobre esta pauta chegou ao centro Proxecto procesos1, que comezou no ano 2003 a partir da proposta Cadernos do Paseante: un proxecto educativo de sensibilización estética cara á paisaxe urbana no marco da materia Procesos de Aprendizaxe Artística, impartida polo Departamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal da Universidade de Santiago, do que é responsable a profesora María Xesús Agra. Proxecto procesos1 é a primeira mostra pública dun aprendizaxe moito máis amplo, vivido desde dentro por máis de vinte persoas e que arrincou en Outubro de 2003, desenvolvéndose ao longo do tempo ata hoxe en día. Na súa produción interviñeron alumnos e profesores universitarios, a institución á que pertencen, un centro de arte  contemporánea e colectivos multidisplinares interesados na mediación cultural.  Este modo produción descentralizado e colectivo configurou o punto de intersección para todos eles. Neste proxecto, o obradoiro de arte reconvírtese cara laboratorio de ideas, se acaso intentando fragmentar e invertir os modos creativos tradicionais, tendendo a conseguir un punto de partida no lugar de un de chegada. Deste xeito, Proxecto procesos1 expándese, ramifícase ao igual que camiños de paseantes que chegaron a encontrarse algunha vez. Cadanseu ten a súa traxectoria, aínda que ao atoparse desvíanse. Á deriva, o camiño faise apaixoante.

Proxecto procesos1 é unha proposta coordenada por Alejandro Pose, Íñigo Mouzo e Víctor E. Pérez en colaboración cos artistas María Xesús Agra, Luís Álvarez, María Teresa Bouza, Víctor Gallego, Carlos Grande, Barbora Libovicka,  Susana Martins, Daniel Pais, Esther Portela, María Rey e Luís Verdalles.. Estivo exposta do 9 ao 28 de novembro de 2004 no CGAC, Santiago de Compostela.