La Voz de Galicia

lavozdegalicia.es
Edición digital de La Voz de Galicia. El diario más leído de Galicia gracias a la participación de sus lectores, con la última actualidad, multimedia, opinión y debates sobre negocios, deportes, cine, viajes, libros, empleo, educación, inmobiliaria, automóviles y mucho más en sus 14 ediciones: A Coruña, A Mariña, Arousa, Barbanza, Carballo, Deza-Tabeirós, Ferrol, Lemos, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Madrid
  • 16 de octubre del 2006
Logotipo de La Voz de Galicia

Cultura y TV

O galego Narf obtén o segundo posto no certame de linguas minorizadas


O cantautor galego Fran Pérez, máis coñecido polo seu proxecto artístico Narf, acadou o segundo posto no Festival Internacional Liet de Linguas Minorizadas Europeas, que se celebrou a pasada fin de semana na cidade lapoa de Östersund, pertencente a territorio sueco. Narf quedou en segunda posición, por detrás dun conxunto de músicos lapóns.

Segundo o galego Kiko Novoa, membro do xurado, «Fran Pérez estivo espectacular, enganchou co público, que non parou de bater as palmas, e cativou Östersund con esa voz doce e a súa guitarra guerrilleira. Foi o mellor, pero os da casa mandan».

É a cuarta vez que se organiza este festival, que en edicións anteriores contou coa presenza de artistas galegos como Uxía e Anubía. Trátase do único certame europeo no que participan as linguas minoritarias, xa que é pouco habitual que teñan a oportunidade de aparecer en Eurovisión. Só Bélxica mantén por quendas as súas linguas oficiais, o valón e o flamengo. O festival está organizado por unha asociación cultural frisona, que reivindican esta lingua en Alemaña e nos Países Baixos.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177