As memorias da actriz galega María Casares, recollidas en 'Residente privilexiada', serán reeditadas este ano

As memorias da actriz galega María Casares recollidas na obra 'Residente privilexiada' serán reeditados este ano como un dos testemuños "máis completos" acerca do exilio dunha muller que conseguiu "triunfar" lonxe do seu país ata converterse en "actriz universal" e "primeira figura" da Comedia Francesa e do Teatro Nacional Popular Francés.

22 de marzo de 2009

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 (EUROPA PRESS)

As memorias da actriz galega María Casares recollidas na obra 'Residente privilexiada' serán reeditados este ano como un dos testemuños "máis completos" acerca do exilio dunha muller que conseguiu "triunfar" lonxe do seu país ata converterse en "actriz universal" e "primeira figura" da Comedia Francesa e do Teatro Nacional Popular Francés.

A Editorial Trifolium, encargada da súa edición e tradución ao galego, destacou hoxe nun comunicado de prensa, que "poucas actrices" alcanzaron a "merecida celebridade" desta actriz que levou a cabo a súa carreira "integramente" no seo dun mundo cultural, o francés, que non era o seu. Un escenario no que era, segundo as súas propias palabras, unha "residente privilexiada".

Así mesmo, a editorial recalcou que Casares non foi "unicamente" unha actriz "impresionante", senón tamén unha "extraordinaria" escritora capaz de comunicar ata os "máis íntimos" cantos da súa "complexa" personalidade, e de tantas outras "igualmente ricas" que acompañaron a súa "apaixonada" existencia.

PUBLICADA EN 1980

Entre elas, Trifolium subliñou actores como Gerard Philippe, Jean Louis Barrault e Jean Vilar; así como a escritores tales como Claudel, Genet e Albert Camus, con quen viviu varios anos de "íntima" relación.

María Casares, convertida en espectadora de si mesma e do mundo, pon en escena en 'Residente privilexiada' --publicada orixinariamente en 1980 en lingua francesa-- un axuste de contas, un regreso "sincero e inmaculado" ás súas orixes, ao grupo familiar e aos encontros e desencontros coa súa propia identidade.

tusanuncios.com

Consulta los mejores anuncios clasificados y publica el tuyo gratis en sólo 3 pasos. Elige tu tema: