• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Baixo terra

Baixo terra agrupa a nosa actividade relacionada coa música e o son. A través de concertos e charlas queremos achegarnos aos creadores que aportan experimentación e risco co seu traballo, e que por ese mesmo motivo, fáiselles difícil atopar un espazo onde desenvolver as súas actividades. Debido aos condicionantes da sala, Baixo terra promove concertos de cámara, pensados para un aforo máximo dunhas 45 persoas onde músicos e público poidan disfrutar de concertos cómodos e cun certo grao de intimidade.

Nos últimos anos, e lonxe de agotárense as posibilidades comerciais da distribución, asistimos á consolidación de novos xeitos de difusión sonora como os net-labels. A industria discográfica tradicional está a reconvertirse cara a promoción de concertos en directo e outros produtos non materiais, ademáis de estaren a crecer de xeito exponencial o número de obras autoproducidas e plataformas independentes no panorama global. Recordemos tamén como o mundo da publicación musical está a ser un dos primeiros sectores culturais en normalizar o emprego de licenzas libres. Todo este proceso de adaptación das estruturas físicas, financeiras e de propiedade da creación lévanos a entender a promoción de concertos e outras actividades como unha produción (consciente) de contexto, de situacións nas que podemos e debemos revalorizar a experiencia colectiva fronte ao consumo material.

O presente da creación sonora galega non é alleo a esta situación. A proliferación de iniciativas que se sitúan nestas coordenadas faise patente nas programacións das institucións culturais, na dos festivais e nos medios de comunicación. Son numerosas e ben coñecidas as propostas galegas: festivais como Sinsal e Vangardas Sonoras; colectivos como Alg-aAC Fase ou escoitar.org; artistas como Alejandro DuránCarlos Suárez e Servando Barreiro; o pop de Emilio JoséVale TudoFranc3s. Estas e outras moitas referencias fálannos de todo un sustrato de creadores interesados en des-facer crenzas sobre o que é a música na Galiza hoxe.

XEDH/Orza

Mañá mércores 6 de xuño teremos en Baleiro un concerto de música electroacústica improvisada a cargo Miguel A. García e Pablo Orza. Comezará ás 20:30 e a entrada será de balde.

Mallo/Lana/Orza

A noite do pasado xoves 24 de marzo tiñamos programado un concerto de Alexander Bruck e Miguel A. García. Lamentablemente, esa mesma tarde un burato na estrada deixoulles sen dúas rodas preto de Ponferrada. Finalmente, ás 24:00, chegaron a Compostela. Entre os convidados, Roberto Mallo, Joaquín Lana e Pablo Orza, que se prestaron a botar unha man e tomaron o relevo de Alexander e Miguel para levar a cabo dúas improvisacións. Desde aquí queremos agradecerlles aos cinco o seu esforzo nunha noite que, malia todo, resultou ben.

[...]

Carlos Suárez

O vindeiro xoves 24 de febreiro ás 21:00 teremos en Baleiro ao etnomusicólogo Carlos Suárez presentando Sapere Aude. Neste concerto utilizaranse como materia prima paisaxes sonoras en perigo de extinción gravadas en Venezuela e Galicia durante 15 anos. Estes sons foron procesados e reconfigurados para establecer un discurso sonoro que servirá de base á execución en directo de son procesado no ordenador. O concerto reflexiona en torno ao proceso de desintegración da diversidade cultural e biolóxica en moitas zonas do planeta, as súas consecuencia s sobre o progreso humano e as causas que o motivan. Expón a contraposición entre a dialéctica da multiplicidade das ideoloxías sonoras e os dogmas inamovibles da sociedade de consumo.

Herrn/Above the tree

Convidámosvos a este doble concerto de Herrn e Above the tree, parella que estará de xira por España durante o mes de abril. Herrn é o proxecto en solitario de Oscar Vilariño, un bo amigo de Baleiro que xa fai uns meses tivemos o placer de escoitar en directo co seu proxecto xunto a Rafael Mallo, Vale Tudo.

Henritzi/Isohara/Prado

Baleiro volve á colaboración coa Asociación Fase. Nesta ocasión, convidámosvos a un triple concerto a cargo de Michel Henritzi, Shin´ichi Isohara e Miguel Prado. Será a única data en Galicia para escoitar a estes tres improvisadores desfacendo ideas preconcebidas baixo o título April is the cruelest month. Do jazz ao ruído.

Vale Tudo

O pasado 25 de novembro de 2009 puidemos disfrutar de Vale Tudo en concerto, que viñeron a presentar o seu segundo traballo "Gris". O disco foi gravado e mesturado por Roberto Mallo no Taller Electrónico da Coruña e na casa de Bárbara R. Soto (quen toca o piano en dous dos temas ) en Lugo. A masterización correu a cargo de Rafael Martínez del Pozo (AA Tigre, LA JR, Kiev Cuando Nieva, Roldan, David Loss) na súa casa de León. O disco volve a ter un deseño artesanal, cumprindo co seu desexo de facelas cousas coas suas propias mans.

Murayama/Prado

Co gallo da presentación do obradoiro Dialéctica da improvisación, o 30 de Maio de 2009 tivemos en Baleiro un doble concerto a cargo de Seijiro Murayama e Miguel Prado. Esta foi a nosa primeira colaboración coa Asociación Fase, na que organizamos este doble concerto do percusionista e compositor xaponés Seijiro Murayama e o músico coruñés Miguel Prado, e no que tamén presentamos Dialéctica da improvisación: un obradoiro dirixido a todas aquelas persoas que independentemente dos seus coñecementos musicais, estean interesadas en compartir experiencias creativas en torno aos sons máis arriscados.

MDMME

Ignacio Muñoz compaxina a súa actividade performática (concertos de electrónica e piano en tempo real) con varias liñas de investigación relacionadas co son, o espazo público e o territorio. É un membro moi activo da escena experimental sonora galega e forma parte da comunidade de arte e acción libre Alg-a, a Orquestra de Música Espontánea OMEGA ou o proxecto pedagóxico Orquestra 3xploratoria, entre outros.

Alexander Bruck/Miguel A. García

Gostamos de convidarvos ao concerto que Alexander Bruck e Miguel A. García darán o xoves 24 de marzo ás 21:00 en Baleiro. A actividade musical de Alexander Bruck (México/Alemania, 1975) atópase entre a tradición e a búsqueda de horizontes radicalmente novos, transitando entre a música de concerto dos séculos pasados, o rock, o free jazz, o noise e terreos colindantes coa arte sonora.

Suboko/France Sauvage

Máis experimentación en Baleiro. Neste caso, presentamos a dúas agrupacións francesas que baixo o título Sub-France Tour, virán, a presentar en Santiago de Compostela unha boa mostra de música libre feita no país veciño. O concerto terá lugar o xoves 29 de abril de 2010 ás 20:30.

Xedh/Esmer Di

Miguel A. García (Xedh) traballa co son e as súas construcións formais. Nace en Gasteiz en traballa en Bilbo. Desde 2008 e codirector da plataforma de difusión de arte sonoro e música experimental vasco-galega Larraskito, que comprende un net-label e un espazo do mesmo nome. desde 2006 dirixe e organiza o Zarata Fest, localizado no L´mono de Bilbo. Esmer Di é a proposta sonora de Eva Álvarez, unha novísima rapaza compostelana que de seguro non desixará indiferente a ninguén.

[...]

Emilio José

Este xoves 28 de xaneiro Baleiro presenta ao músico ourensán Emilio José en concerto. O ex-compoñente do grupo Apeiron virá a presentar o seu primeiro elepé en solitario, o dobre disco Chorando apréndese (Foehn, 2009) que ven de recibir excelentes críticas en toda a prensa musical nacional. Será o seu segundo paso por Santiago nos últimos meses, aínda que esta vez nun formato de solo.

New York, Tokio, París

New York, Tokio, París. Podemos comezar a rastrexar a actividade creativa de Murayama nos primeiros anos oitenta, no momento en que New York daba o pulso da improvisación contemporánea e os artistas comezaban a intoxicar a afiada modernidade do jazz dos setenta con música concreta, pop, no-wave, banda sonora, ruido e mesmo estruturas neoclásicas.

Dialéctica da improvisación

Dende o Festival Fase de Música Improvisada e Baleiro queremos convidarvos á presentación de Dialéctica da improvisación, un obradoiro de experimentación sonora dirixido a todas aquelas persoas que independentemente dos seus coñecementos musicais, esteades interesadas en compartir experiencias creativas con nós. A presentación dos coordinadores do obradoiro, Roberto Mallo e Miguel Prado, terá lugar o vindeiro Sábado 30 de Maio ás 20:30 en Baleiro.