• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

XEDH/Orza

Mañá mércores 6 de xuño teremos en Baleiro un concerto de música electroacústica improvisada a cargo Miguel A. García e Pablo Orza. Comezará ás 20:30 e a entrada será de balde.

Pablo Orza é artista plástico e improvisador multi-instrumentista de formación autodidacta. No 2003 iníciase no mundo da improvisación libre co dúo Parto, co que activa o colectivo TPS (Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro) para a dinamización e a difusión da improvisación en Galicia, en colaboración coa sala NASA de Santiago. É membro da Orquesta de Música Espontánea de Galicia (OMEGa) desde a súa formación no 2007. Pablo Orza explora a través da guitarra eléctrica un horizonte diverso de sonoridades (electroacústica, noise, minimalismo, drone, clásico contemporáneo) desde o impredecible fluxo de dinámicas e acontecementos que supón a improvisación libre.

Miguel A. García é un artista nado en Gasteiz e formado en Belas Artes e Audiovisuais que traballa no campo da arte sonora, abarcando de maneira indeferenciada a instalación, a creación a tempo real non-idiomática e a composición electroacústica. Presentou os seus proxectos en diferentes lugares de España, Francia, Portugal, Polonia, Noruega e os Estados Unidos de América, incluíndo espazos como o Museo Guggenheim (Bilbao), o Auditorio Nacional de Música (Madrid), o Museo Vostell Malpartida (Cáceres), a Casa Encendida (Madrid), o Festival Sonic Circuits (Washington DC, EUA) ou o Centro Tou Scene (Stavanger, Noruega), entre moitos outros. Tanto en solitario como en múltiples colaboracións, ten editado traballos en numerosos selos de todo o mundo.

Máis información en pabloorza.wordpress.com, omegalicia.wordpress.com, e xedh.org.

482

Responder
  • As direccións das páxinas web e as direccións de correo se convirten en enlaces automaticamente.
  • Os saltos de liña e párrafo créanse automaticamente.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd><br> <p>

Máis información acerca das opcións de formato

CAPTCHA
escribe os caracteres que aparecen enriba
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.