• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Equipo

Na actualidade, Baleiro está formado por Daniel López Abel (Lugo, 1979) e Víctor E. Pérez (A Coruña, 1981). Hai sete anos que traballamos xuntos na confluencia da arte, política e sociedade. O noso traballo emprega roles que van da teoría á produción artística e dan lugar a textos, obradoiros, exposicións e intervencións no espazo público. Colaboramos habitualmente co Consello da Cultura Galega, Atalaia (portal web sobre arte contemporánea galega de culturagalega.org), o Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC e diversos colectivos de produción cultural galegos.

Daniel López Abel é licenciado en Historia da Arte pola USC. Tras coordenar diversas iniciativas no eido da produción artística galega marchou cara Barcelona para completar a súa formación co programa de posgrao Arte, Diseño y Sociedad. Intervenciones en el Espacio Público, impartido pola ELISAVA e a Universidad Pompeu i Fabra de Barcelona. Alí traballou no servizo educativo do Centre de Cultura Contemporània de Barcelona e colaborou con colectivos como Platoniq e Fundación Rodríguez. Xa de volta en Galicia, acadou o Diploma de Estudos Avanzados no Departamento de Historia da Arte da USC coa súa investigación predoutoral A disolución do autor. Cara unha teoría da produción colectiva na arte actual. Na actualidade é investigador do Departamento de Historia da Arte da USC.

Víctor E. Pérez é licenciado en Historia da Arte pola USC. A súa formación proseguíu na mesma universidade, onde foi alumno da primeira edición do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas na especialidade de Pedagoxía. O seu proxecto de Máster Ponlle nome. Unha proposta de participación crítica foi producido pola Vicerreitoría de Cultura da USC na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. Xunto co Departamento de Actividades do CGAC e o Departamento de Didáctica da Expresión Plástica, Corporal e Musical da USC, coordenou obradoiros de arte urbana como Proxecto_procesos1, Esculpir no tempo e 00:00

Podes ler máis sobre nos aquí.