A facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela acolle os días 11 e 12 de abril o LVI Congreso de Filosofía Xove. Este congreso é o acontecemento con maior tradición no ámbito filosófico español, pois leva celebrándose case ininterrompidamente dende 1963, é dicir, cincuenta e seis anos.

A peculiaridade deste congreso radica na súa itinerancia anual por diversas cidades e universidades de España co obxectivo de reunir ás novas investigadoras en filosofía e así crear un espazo de debate e intercambio de ideas. Cada ano é organizado por un grupo diferente de novas investigadoras vinculadas a una universidade distinta, o cal tamén conforma unha das maiores redes de colaboración interuniversitarias dos estudos en filosofía a nivel estatal.

Un ano máis, convidámosvos a participar, asistir e enviar propostas, para así seguir fortalecendo a tradición deste congreso. Esperámosvos a todas en Santiago de Compostela.

contacto@lvicongresofilosofiajoven.es

Organización

Comité organizador

Belén Quinteiro Pulleiro
Candela Pérez Tejelo
Guadalupe Jiménez Esquinas
Guillermo Rodríguez Alonso
Lucía Cebreiro Mera
Manuel Magán Abollo
Yasmina Casal Vilanova

Comisión científica

Antonino Firenze (UPF)
Arturo Casas Vales (USC)
Emma Ingala (UCM)
Ignacio Castro Rey
Federico L. Silvestre (USC)
Luis M. García Soto (USC)
María Eugenia Rivas Monroy (USC)
María José Agra Romero (USC)
Óscar Horta (USC)
Óscar Parcero Oubiña (USC)
Santiago Zabala (ICREA/UPF)

Entidades colaboradoras

Moitas grazas!

Muchas gracias por todo. Esperamos que hayáis disfrutado y aprendido en este congreso. Nos vemos dentro un año en la Universidad Complutense de Madrid.