Rosalía de Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rosalía de Castro
Rosalía Castro de Murguía por Luis Sellier.jpg
Foto de Rosalía de Luis Selier.
María Rosalía Rita de Castro
Datos persoais
Nacemento 24 de febreiro de 1837
Lugar Galicia Sant. de Compostela, Galicia
Falecemento 15 de xullo de 1885 (48 anos)
Lugar Galicia Padrón, Galicia
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada Panteón de Galegos Ilustres
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe Manuel Murguía
Fillos Alejandra (1859-1937)
Aura (1868-1942)
Gala (1871-1964)
Ovidio (1871-1900)
Amara (1873-1921)
Adriano Honorato Alejandro (1875-1876)
Valentina (nada morta en 1877)
Relixión Católica
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Galego, castelán
Período Romanticismo (1857 - 1884)
Debut {{{debut}}}
Movemento Rexurdimento
Xéneros Poesía, conto, novela
Princ. obras Cantares gallegos, Follas novas
Influencias {{{influencias}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación Escritora
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios Día das Letras Galegas (1963)
Rosalia de Castro Firma.svg
{{{web}}}

{{{notas}}}

Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, é unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos.

Na actualidade, a figura de Rosalía de Castro e as súas creacións literarias continúan sendo obxecto dunha abondosa bibliografía e recibindo unha constante atención crítica, tanto no territorio galego como no estranxeiro.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacemento[editar | editar a fonte]

Hostal dos Reis Católicos, antigo Hospital Real de Santiago.

Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro de 1837 en Camiño Novo, un arrabalde de Santiago de Compostela, sendo bautizada o mesmo día cos nomes de María Rosalía Rita. No rexistro do Hospital Real de Santiago de Compostela figura como filla de pais descoñecidos. A súa acta de bautizo rezaba:

En veinte y cuatro de febrero de mil ochocientos treinta y siete, María Francisca Martínez, vecina de San Juan del Campo, fue madrina de una niña que bauticé solemnemente y puse los santos óleos, llamándole MARÍA ROSALÍA RITA, hija de padres incógnitos, cuya niña llevó la madrina, y va sin número por no haber pasado a la Inclusa; y para que así conste, lo firmo.[2]
José Vicente Varela y Montero

A súa nai, María Teresa da Cruz de Castro e Abadía, de orixe fidalga vida a menos, viviu na casa grande de Arretén.[3] A familia da nai proviña da liñaxe dos Castro, de orixe castelá, pero establecida en Galicia dende a Idade Media (foron condes de Lemos durante o ano 1888 nunha das súas pólas).[2] Contaba trinta e dous anos cando naceu.[3] Moi pouco se sabe do pai de Rosalía, José Martínez Viojo. Nado en Ortoño, Ames[4] o 7 de febreiro de 1798 e crego de profesión, acababa de cumprir os trinta e nove anos cando naceu a nena; debido á súa condición, non puido recoñecer nin lexitimar á súa filla, encargando o seu coidado ás súas irmás, polo que semella que si se interesou pola súa manutención[3] Non obstante non hai datos que avalen que fosen as súas tías paternas as que se encargasen da meniña. Polo contrario -e de acordo coa documentación achegada polo labor investigador de Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda - revista Grial (1997) - Rosalía aparece ao coidado da súa nai, en Padrón, cando contaba con cinco anos de idade.

Infancia[editar | editar a fonte]

28.

Bosques, casa, sepulturas,
Campanarios e campanas
Con sons vagos de doçuras
Que despertan ¡ai! ternuras
Qu' en jamais podran ser vanas!

Risas, cantos, armonia,
Brandas músicas, contento,
Festas, dansas, alegria,
Se trocou na triste e fria,
Xorda vós do forte vento.

Cantares gallegos [5]

Nos seus primeiros anos Rosalía viviu unha infancia leda nas vilas rurais de Ortoño e Padrón. Nunha das pasaxes bibliográficas dun dos seus poemas de Cantares gallegos, Castro bota unha ollada nostálxica á casa de Arretén, casa de Iria Flavia onde viviu por tempadas canda a súa nai entre os nove e quince anos. Unha infancia lembrada por cancións, risas e as badaladas das campás que contrasta co silencio desolado que agora predomina sobre o lugar.[4]

Na seguinte prosa costumista de 1881 Rosalía fala da ledicia de estar coa súa nai nas Torres de Hermida en Lestrove, fogar de Josefa, irmá da nai de Rosalía e do seu home Gregorio.

No he vuelto a experimentar en esa habitación, en donde mi madre... durmió un día para despertar cada mañana sonriéndome, aquella alegría y aquellos éxtasis, en los cuales, sin yo saberlo, la esperanza, ahora huída, andaba agitando entonces sus luminosas alas.[4]

Nun artigo de Murguía escrito trala morte da súa dona publicado como capítulo en Los precursores (1885), Murguía afirma que a ledicia da súa mocidade foi axiña interrompida coa chegada da puberdade aos once anos de idade.[4]

Formación[editar | editar a fonte]

Non se sabe exactamente cando nai e filla se trasladaron a Compostela, pero si que en 1850 vivían nai e filla nesa cidade. Alí comeza a formarse en torno á Sociedad Económica de Amigos del País. En Santiago recibe formación musical, artística e literaria; participou nas actividades do Liceo de la Juventud, lugar de encontro dos intelectuais comprometidos co movemento provincialista. As súas correntes ideolóxicas, que impregnarán a obra de Rosalía, eran o socialismo e o republicanismo.[6] No liceo coincidiría con Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre e Juan Manuel Paz Novoa.

Murguía, o marido, foi quen lle publicou Cantares gallegos.
A familia en 1883 ou 1884.

Familia[editar | editar a fonte]

En 1856 trasladouse a Madrid, onde viviu cunha curmá. Comezou a publicar e, en 1858 casou con Manuel Murguía, escritor. A vida do matrimonio fíxose itinerante debido aos cargos funcionariais de Murguía. En 1859 regresaron a Galiza, onde naceu Alejandra, a súa primeira filla; no mesmo ano volveron de novo en Madrid, publicou obras en galego e castelán. Logo duns anos en Madrid, trasladáronse a Lugo, e despois volveron a Madrid, onde naceu Aura; as actividades do seu home leváronos por diferentes lugares: Simancas, A Coruña (1871-1878), Compostela, Lestrobe (1879-1883, residindo no Pazo de Hermida), Estremadura, Alacant... e mentres, foron nacendo máis fillos: Aura, nada en decembro de 1868 (morreu en 1942). Gala e Ovidio, xemelgos, naceron en xullo de 1871 (Gala morreu en 1964 e Ovidio en 1900), Amara, nada en xullo de 1873 (morreu en 1921), Adriano Honorato Alejandro, nado en marzo de 1875, (morreu en novembro de 1876 debido a unha caída) e Valentina, nada morta en febreiro de 1877.[3]

Obras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Cantares gallegos e Follas novas.
Rosalía por M. Brocos en 1880.

Rosalía de Castro escribiu tanto en prosa coma en verso, empregando o galego e o castelán. A súa obra estivo profundamente marcada pola circunstancias que rodearon a súa vida: coma a súa orixe, os problemas económicos, a perda dos seus fillos e a súa fráxil saúde.

En 1863 foi publicado en Vigo o seu primeiro grande libro, Cantares Gallegos, publicado polo seu marido, Manuel Murguía, quen xestionou, sen o permiso da súa muller, a saída do prelo dun poemario que fixa o comezo dunha nova xeira para a poesía galega e que, sen dúbida, é a base de todo o rexurdimento literario e non literario da literatura galega. Cantares gallegos constitúe o primeiro libro escrito en galego nunha época na que a lingua galega estaba extinta coma lingua escrita. Moitos poemas do seu libro son glosas de cantigas populares, nelas Rosalía denuncia a miseria, a pobreza e a emigración masiva a que estaban obrigados os galegos, sen deixar de verte-los seus sentimentos e vivencias persoais.

O 17 de maio daquel mesmo ano, de Castro asina a dedicatoria da obra para Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber y Larrea), sendo adoptada esa data co gallo do seu centenario, como Día das Letras Galegas (1963).

En 1880 a escritora publicou unha escolma de poemas á que chamaría Follas Novas. Nun comezo o poemario concibiuse como unha continuación de Cantares gallegos: O 40% dos poemas de Follas novas teñen afinidade co texto publicado en 1863, mentres que o resto das composicións presentan un diferente espírito poético motivado polo afastamento da terra, as desgrazas familiares e as doenzas físicas e morais. Estamos, xa que logo, ante unha poética que afonda nos sentimentos, na saudade e que ten frecuentemente, por horizonte, a fronteira do propio ser.

En castelán publicaría La flor (1857), A mi madre (1863) e En las orillas del Sar (1884) e a novela El caballero de las botas azules (1867) todas elas encravadas no movemento romántico.

Tamén se conserva un breve fragmento dunha obra de teatro escrita en castelán, Romana, que "pola súa correspondencia privada sábese que a terminou, aínda que debe de estar entre as obras da escritora queimadas á súa morte".[7]

Casa da Matanza, Padrón.

Últimos anos e morte[editar | editar a fonte]

Rosalía botou os derradeiros anos da súa vida en Padrón, onde a familia alugara a casa da Matanza, que despois se convertería en casa-museo. A morte do seu fillo máis novo aos dous anos por mor dun accidente e a súa enfermidade amargáronlle os derradeiros anos. Morreu de cancro en 1885, aos corenta e oito anos na súa casa de Padrón -a cal é hoxe un museo-. Rosalía foi soterrada no camposanto da Adina. Anos máis tarde, en 1891, os seus restos foron trasladados ó actual Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.

Rosalía xacente no seu leito de morte, retratada polo seu fillo Ovidio.

Derradeiros momentos de Rosalía por González Besada.[3][8]

Recibiu con fervor os Santos Sacramentos, recitando en voz baixa as súas predilectas oracións. Encargou aos seus fillos queimasen os traballos literarios que, reunidos e ordenados por ela mesma, deixara sen publicar, dispuxo ser soterrada no cemiterio de Adina, e pedindo un ramo de pensamentos, a flor da súa predilección, non ben foille achegada aos beizos sufriu un afogo que foi o comezo da súa agonía. Delirante, e nubrada a vista, díxolle á súa filla Alejandra: 'Abre esa fiestra, que quero ver o mar', e pechando os seus ollos pra sempre, expirou.

Lingua literaria[editar | editar a fonte]

O idioma que tiñan á súa disposición os iniciadores do Renacemento romántico, que eran uns completos descoñecedores dos textos medievais, era unha lingua dialectal empobrecida, moi erosionada pola lingua oficial e fragmentada en variedades comarcais.

Non se pode afirmar que Rosalía de Castro escribise nun dialecto determinado, aínda que o seu elástico sistema de normas lingüísticas tiña como base xeográfica as falas das comarcas bañadas polo Sar e o Ulla, cunha clara tendencia ao seseo. Como consecuencia da precaria situación na que se atopaba a lingua galega escrita da época, Rosalía adoitaba empregar vulgarismos (probe en lugar de pobre, espranza en lugar de esperanza e dreito en lugar de dereito son algúns exemplos), hipergaleguismos (concencia ou pacencia son dous exemplos) e castelanismos (dicha, Dios, conexo...). Tamén son habituais nas súas obras as vacilacións léxicas (frores, frois, froles ou dor, doure, delor) e morfolóxicas, adoptando diferentes solucións para a formación do plural das palabras agudas.

Malia todo, a Rosalía interésalle máis a vivacidade cá pureza da lingua galega que emprega para expresarse, o que deixa patente no prólogo de Cantares gallegos. É alí onde se di que a pesar de carecer de gramáticas e de regras que propiciarán a aparición de erros ortográficos, a autora puxo o seu maior coidado en reproducir o verdadeiro espírito do pobo galego.

Escritorio da casa de Padrón onde Rosalía escribía os seus poemas.

A decisión de non escribir máis en galego[editar | editar a fonte]

Nunha carta que Rosalía lle dirixe ao seu marido, Manuel Murguía, asinada en Lestrove en xullo de 1881, deixa dito: “Ni por tres, ni por seis, ni por nueve mil reales volveré a escribir nada en nuestro dialecto, ni acaso tampoco a ocuparme de nada que a nuestro país concierna”.[9]

E non se sentía só doída, senón tamén fondamente decepcionada, polo que se desprende dos seus argumentos nese mesmo texto: “Se atreven a decir que es fuerza que me rehabilite ante Galicia. ¿Rehabilitarme de qué? ¿De haber hecho todo lo que en mí cupo por su engrandecimiento? El país si que es el que tiene que rehabilitarse para con los escritores, a quienes, aún cuando no sea más que por la buena fe y entusiasmo con que por él han trabajado, les deben una estimación y respeto que no saben darles”.

A tan citada misiva de Rosalía nacera en resposta ao escándalo e as duras críticas que nalgúns xornais do país provocara o seu artigo "Costumbres gallegas", publicado en Los Lunes de El Imparcial de Madrid. Nel referíase a un antigo costume dalgunhas zonas de costa galegas nas que as familias, como mostra de hospitalidade e “extrema xenerosidade”, realizarían o “sacrificio” de permitir que o mariñeiro forasteiro pasase unha noite cunha muller da casa.

Con todo, a pesar da contundencia dos parágrafos anteriores, Rosalía remataba pedíndolle a Murguía que lle comunicase ao editor a súa resolución de non volver escribir en galego, “de una vez que a él no le conviene aceptar las condiciones que le he propuesto”. Non estaba pechándose, así, totalmente en banda.

Con estes datos e coas conclusións ás que chegan os distintos historiadores, pódense avanzar tres posibles razóns para o seu abandono da lingua da que foi nai:

  • Foi unha decisión nacida da súa dor e fatiga de non ver recoñecido o seu esforzo e contribución á lingua propia, como lle sucedeu a Curros Enríquez, excomungado pola Igrexa, ou Francisco Añón, que morreu na miseria.
  • Rosalía buscaba un respecto profesional (aceptar las condiciones que le he propuesto), que non daba conseguido.
  • A súa morte prematura converteu en definitiva unha decisión que non tiña por que selo.

Como remate, tamén cómpre lembrar que Rosalía ordenou que, á súa morte, fosen queimados os seus escritos. Non se pode desbotar que, entre eles, houbera obra en galego.

Por Francisco Crivillés (1917) no Paseo da Ferradura, Santiago.

Importancia e significado da súa obra en galego[editar | editar a fonte]

Coa publicación de Cantares Gallegos no ano 1863 acadouse o fito cumio do Rexurdimento das letras galegas, asemade marcouse un punto de inflexión na historia da literatura galega. Cun elevado exercicio lingüístico e literario, a escritora prestixiou ao galego como lingua literaria (aínda que esta lingua xa fora empregada para a creación literaria, como sucede coa lírica galaico-portuguesa) e reivindicou o seu uso. Ademais, por medio dos temas tratados en Cantares Gallegos, Rosalía outorga á súa obra un carácter sociopolítico reflectindo as duras e pésimas condicións baixo as que se atopaba a sociedade rural galega, ao mesmo tempo que reivindicaba á lingua galega fronte ao castelán, e a Galicia fronte a España.

Pódese dicir que Rosalía pretendeu defender e redescubrir á cultura e identidade galega, as cales foran obviadas pola ideoloxía centralista estatal. A pegada de Cantares Gallegos quedou reflectida tanto na posterior produción literaria como no mesmo pobo galego, que ao verse reflectido na obra rosaliana tomou conciencia da súa propia dignidade. O éxito do libro debeuse á extraordinaria conexión que existiu entra a escritora e as xentes do seu país, chegándose ao extremo de que o pobo chegou a asumir un gran número de poemas e estrofas como versos comunitarios.[10]

Con Follas novas Rosalía creou un universo novo e extremadamente persoal, no que o puro lirismo intimista acada a máis alta realización artística, alén das vivencias estéticas, nunha continua e angustiada pregunta sobre o sentido da existencia humana. A poesía que se recolle nesta obra revela a conflitividade dun mundo no que non existen valores eternos e verdades absolutas, e onde o ser humano atópase totalmente só. É a cosmovisión pesimista e angustiada a que transluce a crise de valores da sociedade capitalista fronte á seguridade da sociedade patriarcal, que aparece en descomposición pola acción daquela.[10]

Unamuno, xunto con Azorín, foron os principais valedores de Rosalía.

Críticas e influencias posteriores[editar | editar a fonte]

A valoración da obra rosaliana e a mitificación da escritora producíronse tralo falecemento da mesma, posto que ao longo da súa vida esta foi permanentemente menosprezada e marxinada, ficando fóra de escritos tan relevantes como La literatura en 1881 de Leopoldo Alas e Armando Palacio Valdés. Foi necesario agardar até os modernistas e a xeración do 98 para que recoñecesen en Rosalía a unha creadora afín ao seu espírito.[11]

Os maiores promotores de Rosalía de Castro foron os escritores do 98, quen a deron a coñecer a través dos seus escritos en toda a xeografía española e na América hispanofalante, valéndose do seu gran recoñecemento social e da reedición de moitas das páxinas que escritas por eles e que versaban sobre a escritora. Principalmente, foron Azorín e Miguel de Unamuno os máis acérrimos valedores de Rosalía, quen lle dedicaron entre 1911 e 1912 un total de seis artigos que versaban sobre a escritora galega. O resto de literatos da xeración do 98 non se pronunciaron en favor de Rosalía de Castro, e se o fixeron foi dunha forma moi tenue, como fixo Antonio Machado cunha lacónica e tardía observación sobre a poetisa. Destacou tamén Ramón María del Valle-Inclán, mais neste caso polas duras críticas e xuízos negativos que lle dedicou á obra rosaliana, a pesar de ser amigo do seu marido, Manuel Murguía, quen se encargou da redacción do prólogo da obra titulada Femeninas, do mesmo Valle Inclán.[12]

O independente Juan Ramón Jiménez tamén se fixo eco da obra rosaliana, dedicándolle todo tipo de eloxios e considerándoa como a predecesora da revolución poética iniciada por Rubén Darío. Considerándoa unha poeta do litoral, do mesmo xeito que facía con Bécquer, Jiménez outórgalle o cualificativo de innovadora e precursora do modernismo español.[12][13]

Día das Letras Galegas[editar | editar a fonte]

Busto no Parque Independencia en Rosario, Arxentina.
Artigo principal: Día das Letras Galegas.

O 20 de marzo de 1963, tres membros numerarios da Real Academia Galega, concretamente Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, enviaron unha carta ao que por aquel entón ostentaba o cargo de presidente da institución, Sebastián Martínez Risco, na que se sometía a consideración da Xunta Xeral a proposta de celebrar o centenario da publicación da obra Cantares Galegos, de Rosalía de Castro. O 28 de abril, a consecuencia da proposta elevada ao presidente, ten lugar unha Xunta ordinaria nos salóns municipais que ten como resultado a declaración de Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano, quedando reflectido tal decisión na acta da sesión.

Todos sabemos que o libro rosalián editado en 1863, ten sido a primeira obra maestra con que contóu a Literatura Galega Contemporánea. A súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria. Representa, pois, un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia.
Punto primeiro da carta.
Ninguén desconoce que o libro ten unha forza simbólica estraordinaria. Sendo a amosa máis reveladora do nivel cultural dos pobos, non é de estranar o afán de esparexelo e de lle abrir camiños pra ensanchar o ámpido dos seus leitores. No caso de Galicia, ningunha data máis axeitada pra enaltecer e difundir o libro eiquí producido, que a que conmemora a pubricación da obra coa que se encetóu o prestixio contemporáneo das Letras galegas.
Punto quinto da carta.

Aos dous días de acadarse un acordo no seo da institución, o presidente da Real Academia Galega procedeu á comunicación do mesmo ao Ministerio de Información e Turismo solicitando o seu permiso para poder levar a bo termo a iniciativa. O 14 de maio, o delegado provincial do Ministerio ao que se acudiu respondeu de maneira positiva á proposta. Así, aquel ano de 1963 honrouse a figura de Rosalía por medio de diversos actos que foron promovidos pola institución académica, tendo isto como sede principal a cidade da Coruña. Porén, noutras cidades de toda Galicia tamén se promoveron distintas homenaxes e actos co obxectivo de honrar tanto á autora como á súa obra.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Praza Rosalía de Castro en Ferrol.

Na actualidade, son varias as institucións, espazos públicos e bens de consumo designados co nome de Rosalía de Castro, pondo isto de manifesto o arraigamento social que ten a figura da escritora. Deste xeito, é posible atopar centros de educación tanto en Galicia como no resto de rexións de España, en Rusia ou en Uruguai chamados igual cá escritora, ao que se debe engadir numerosos parques, prazas e rúas, asociacións culturais, premios outorgados a persoas intimamente vencelladas á lingua galega e castelá, bibliotecas, agrupacións folclóricas, coros musicais e mesmo un viño con Denominación de Orixe Rías Baixas. Con todo, resulta curioso que un avión da compañía Iberia, así como unha aeronave pertencente a Salvamento Marítimo, fosen bautizados igual cá escritora. Obviamente, tamén son varios os monumentos (placas conmemorativas e esculturas principalmente) dedicados á súa figura en diversos países do mundo. Ademais, en 1994 a Unión Astronómica Internacional asignou o nome da escritora a un cráter da superficie de Venus[14].

500pelas.JPG

O 8 de abril 1964 a Fábrica Nacional de Moneda y Timbre emitiu para Correos de España un selo postal de 6 pesetas no que aparece a figura de Rosalía de Castro nunha ribeira, canda un cruceiro e un hórreo, nun gravado de Daniel Carande Boto.[15]

Coa emisión do 23 de outubro de 1979 apareceu o último dos billetes de 500 pesetas, posto que este sería substituído en 1987 por moedas de igual valor. O billete distinguíase por presentar no anverso o retrato de Rosalía de Castro, gravado por Pablo Sampedro Moledo, así como por mostrar no reverso casa-Museo de Rosalía sita en Padrón e uns versos coa caligrafía da súa autora, pertencentes á obra Follas Novas. Desta forma, Rosalía de Castro converteuse xunto con Isabel a Católica, no único personaxe feminino non alegórico retratado no anverso dun billete propiamente español.[16][17]

O 24 de febreiro de 2015, o Doodle Google estivo adicado a Rosalía de Castro, para conmemorar o 178 aniversario do seu nacemento.[18]

Obra[editar | editar a fonte]

Bibliografía de Rosalía de Castro.[19]

En galego[editar | editar a fonte]

Contos da miña terra I, publicado como Conto Gallego no Almanaque Gallego para 1923.
Poesía
Prosa

En castelán[editar | editar a fonte]

Poesía
Prosa

A obra rosaliana noutras linguas[editar | editar a fonte]

É tal a aceptación e o interese que as obras desta escritora espertan no mundo, que nas últimas décadas os seus poemas foron traducidos a linguas como o francés,[29] o alemán,[29] o ruso[30] e o xaponés.[31]

Just when I think you have fled,
black shadow that overshadows me,
you return to my bedside
to mock me.

Just when a think you are gone,
I see you in the very sun-
you are the lustrous star,
you are the mormouring wind.

—O principio da "Negra sombra" de Follas
Novas na versión de Anna-Marie Aldaz.[32]

Algunhas traducións da obra de Rosalía:

  • En alemán
    • An den Ufern des Sar. Verlag Insel, Frankfurt 1987, ISBN 3-458-14548-6.
    • An den Ufern des Sar: Gedichte spanisch und deutsch. Übertragung und Nachwort von Fritz Vogelgsang. [Frankfurt am Main]: [Suhrkamp], 1991. ISBN 3-458-16164-3
  • En francés:
    • Castro, Rosalía de (1837-1885), Anthologie poétique traduit du galicien par José Carlos Gonzàlez, Éd. Folle avoine, Rennes : Presses universitaires de Rennes, 2002 (35-Bedée : Impr. Folle avoine). - 117 pages, ISBN: 2-86810-155-0.
  • En catalán:
    • Martí y Trenchs, Joan; Poesies Gallegues, 1917.
  • En inglés:
    • de Castro, Rosalía (1937). Beside the river Sar; selected poems from En las orillas del Sar, by Rosalía de Castro; translated from the Castilian, with annotations and a preface, by S. Griswold Morley. Berkeley: University of California press. p. 151. 
    • de Castro, Rosalía (1964). Ministerio de Asuntos Exteriores, ed. Poems / Rosalía de Castro ; translated from the Galician by Charles David Ley ; introd. and selection by J. Filgueira-Valverde. Madrid. p. 206. 
    • Aldaz, Anna-Marie et al. (1991). State University of New York Press, ed. Poems / Rosalía de Castro. p. 216. ISBN 0-7914-0582-6. 
    • de Castro, Rosalía (1995). P Lang, ed. Daughter of the sea / Rosalía de Castro ; translated by Kathleen N. March. New York. p. 168. ISBN 0820424277. 
    • de Castro, Rosalia (2007). Selected Poems. Shearsmans Books. ISBN 9781905700448. 
    • De Castro, Rosalía (2010). Edwin Mellen Press, ed. The poetry and prose of Rosalía de Castro : a bilingual facing page edition / translated from the Galician and Spanish, with an introduction by John P. Dever and Aileen Dever ; with a preface by Marco A. Arenas. p. 461. ISBN 9780773438095. 
    • Reid, John Howard (2011). lulu.com, ed. Rosalia de Castro Selected Poems rendered into English verse. ISBN 9780557984930. 
    • de Castro, Rosalía (2013). Small Stations, ed. Galician Songs. ISBN 9789543840120. 
  • En italiano:
    • Pinna, Mario (1958). Sansoni, ed. Poesie scelte / Rosalia de Castro (a cura de Mario Pinna). 
  • En xaponés:
    • Asaka, Takekazu (2002). DTP Publishing, ed. Cantares Gallegos por Rosalía Castro de Murguía. 

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Retratos de Rosalía
De nova, autor descoñecido.  
Por Encausse, na década dos 60.  
Foto de Rosalía c. 1863 por María Cardarelly.  
Ídem.  
Por José María Fenollera, ca 1888.  
Debuxo feito en 1902 por Antonio Portela Paradela.  

Notas[editar | editar a fonte]

Caricatura de Rosalía por Ruth Caramés Blanco.
  1. Lingua e literatura (2004), p. 248
  2. 2,0 2,1 Rosalía de Castro (1837-1885)
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Biografía cervantesvirtual.com
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Stevens, Shelley (1986). Rosalía De Castro and the Galician Revival. Tamesis Books Limited. ISBN 0-7293-0250-4.  (en inglés)
  5. Cantares Gallegos en Wikimedia Commons.
  6. 1963 Rosalía de Castro.
  7. Biblioteca Virtual Galega
  8. Tradución ao galego
  9. Por que Rosalía dixo que non volvería escribir en galego?, artigo en Praza Pública, 31 de marzo de 2013.
  10. 10,0 10,1 Lingua e literatura (2004), p. 251 - 252
  11. Dicionario da literatura galega, p. 130
  12. 12,0 12,1 Jesús Alonso Montero. «Azorín, lector de Rosalía de Castro» (PDF). Consultado o 5 de xaneiro de 2010. 
  13. Actas do Congreso internacional de estudos sobre Rosalía de Castro e ou seu tempo, p. 235
  14. IAU, ed. (1994). «Castro» (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2013. 
  15. Ficha do selo en Philateca.com (en inglés)
  16. Real Casa da Moeda. «Breve Historia da Peseta (Iconografía)» (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2010-09-29. Consultado o 2 de marzo de 2010. 
  17. Banco de España. «Billetes e moedas en pesetas». Consultado o 2 de marzo de 2010. 
  18. L, M (23 de febreiro de 2015). «Google dedica o seu “doodle” a Rosalía no seu aniversario». Sermos Galiza. Consultado o 24 de febreiro de 2015. 
  19. Alonso Girgado, Luís. Rosalía de Castro, rosa de sombra, Ediciones Torremozas, 1994. ISBN 84-7839-141-X.
  20. Posteriormente publicado co nome de Conto gallego no Almanaque Gallego, Buenos Aires (1923).
  21. La Flor en la Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
  22. A mi madre en Biblioteca Virtual Universal.
  23. La hija del mar en Biblioteca Virtual Universal.
  24. Flavio en Biblioteca Virtual Universal.
  25. El cadiceño en Biblioteca Virtual Universal.
  26. El caballero de las botas azules en Biblioteca Virtual Universal.
  27. El primer loco en Biblioteca Virtual Universal.
  28. El domingo de Ramos en Biblioteca Virtual Universal.
  29. 29,0 29,1 Suárez (2008), p. 195
  30. Redacción de Santiago de Compostela de El Correo Gallego. «Presentan a primeira tradución galego-rusa de poemas de Rosalía». Consultado o 4 de xaneiro de 2010. 
  31. La Región (edición dixital). «El profesor japonés Asaka traduce a su lengua casi todos los poemas de 'Cantares gallegos'». Consultado o 4 de xaneiro de 2010. 
  32. Aldaz, Anna-Marie et al. (1991). State University of New York Press, ed. Poems / Rosalía de Castro. p. 216. ISBN 0-7914-0582-6.  ([1] en Google books).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Rosalía de Castro
Galifontes
A Galifontes posúe escritos orixinais acerca de: Rosalía de Castro
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rosalía de Castro Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
1ª homenaxe
Día das Letras Galegas
1963
Rosalía de Castro
Sucesor:
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao