Da miña hemeroteca

Nesta sección o lector pode ollar unha pequena selección de "pezas" da miña hemeroteca, que xa supera (a 6 de maio de 2015) as 495.000 páxinas de xornais diarios, semanarios, revistas, programas de partidos e boletíns, tanto en formato orixinal como fotocopiadas ou dixitalizadas (JPEG, TIFF, PNG, PDF...), de Ferrol, Galicia, España e algún país máis como Portugal, Francia, EEUU, Colombia, Arxentina, a antiga África ecuatorial francesa, a antiga Guinea española e até o antigo Congo francés!, salientando a colección completa do xornal madrileño Marca, do que teño absolutamente todos os números (día a día, páxina a páxina) da súa etapa como diario dende novembro de 1942 até decembro de 2008 así como moitos números de cando era semanario (1938-1942) e suplementos gráficos do mesmo da década de 1941-50; ou El Correo Gallego, xornal ferrolán entre 1878 e 1938 logo emigrado a Santiago de Compostela, do cal posúo todas as páxinas con información deportiva dende 1903 até 1970 e dende ese ano en diante de maneira fragmentada. Tamén podo destacar as coleccións -en case todos os casos completas- que teño dos desaparecidos As Color e Don Balón; de xornais galegos como La Voz de Galicia d`A Coruña, El Noroeste d´A Coruña; La Noche de Santiago de Compostela; Faro de Vigo, La Región de Ourense; El Balón d`A Coruña; Departamento de Ferrol; Atlántico Diario de Vigo; El Progreso de Lugo; El Orzán d`A Coruña; Diario de Pontevedra; ou El Pueblo Gallego de Vigo; dos excelentes rotativos deportivos bilbaínos Excelsior e Excelsius; As e Gol Diario Deportivo de Madrid; La Iberia de Madrid (onde atopamos as primeiras noticias nun xornal non ferrolán sobre fútbol en Ferrol, en 1892); o Odiel de Huelva; El Día de Palencia; El Imparcial de Madrid; El Punt de Xirona; La Vanguardia de Barcelona; o sorprendente Aire Libre de Santa Cruz de Tenerife; La Voz de Córdoba; o ABC nas súas edicións madrileña e sevillana; o Blanco y Negro de Madrid; El Luchador de Alacante; o Diario Español de Tarragona; o Diario de Lérida; El Debate de Madrid; o Deportes de Córdoba; o Región de Oviedo; El Nervión de Bilbao; o Campeón de Madrid; a mítica Hoja del Lunes de moitas cidades (Vigo, Barcelona, A Coruña, Cádiz, Xixón, Granada, Murcia, Madrid, Oviedo,...); Las Provincias de Valencia; o Voluntad xixonés; o estupendo Madrid Sport; o efémero -mais suculento- Gran Sport madrileño; o interesantísimo Murcia Deportiva; o entrañábel Gran Vida de Madrid; o enorme Mundo Deportivo de Barcelona;... Sería demasiado longo citalos todos porque son máis de cento sesenta.


Quero brindar, pois, este diminuto mosaico de imaxes, de capturas de crónicas, artículos, titulares, portadas e reportaxes referidos ao Racing Club de Ferrol e ao fútbol da cidade e a súa comarca no transcorrer do tempo para achegar con el só un anaquiño de parte das miñas fontes de datos e facer unha leve aproximación ao inmenso, rico e atractivo caudal de información que os arquivos xornalísticos nos proporcionan aos historiadores deportivos. Periodicamente, e nunca mellor dito, irei agregando capturas a esta sección.

































































































































































































































































































































































2 comentarios:

  1. ¿Pero cómo has podido juntar tanto periódico? ¡¡¡Luego dicen de mi!!! ¿ Tienes tanto espacio para almacenar? ¿Tu abuelo y tu padre también coleccionaban? Entrañable, la firma de tu abuelo en la primera imagen. Un saludo.

    ResponderEliminar
  2. Bueno, como indico arriba no todo lo que tengo está en papel sino también muchas cosas fotocopiadas, fotografiadas, digitalizadas o escaneadas, y en todo tipo de soportes, desde PDF hasta JPEG. Aún así tengo muchísimo en papel, desde luego.
    Mi padre no era estrictamente coleccionista, pero sí que guardaba cosas. Una vez, en el desván de casa, apareció un ejemplar de "Clarín" (un periódico argentino) de 1927 metido dentro de un jarrón y siempre había números de "Ferrol Diario" u otras publicaciones por ahí apilados. Yo todo lo que se pueda apilar lo guardo para seguir la tradición jajaja.
    Gracias por tu comentario, saludos.

    ResponderEliminar